Solicitude dimisión conselleiro cultura

SOLICITAMOS A DIMISIÓN DO CONSELLEIRO DE CULTURA POLO SEU CONTINUO DESPRECIO A RECONDUCIR O MAL GASTO DO GAIAS E POLA UTILIZACIÓN DOS CONCERTOS DO XACOBEO PARA FACER AMIGUISMO E PROSELITISMO

A Plataforma Cidadán Cultura Si, Mausoleo Non, pediu hoxe a dimisión do Conselleiro de Cultura ante a nefasta xestion de Roberto Varela. Como feitos mais graves que o incapacitan para seguir no cargo nomeamos os seguintes:
Oscurantismo e a falta de transparencia no control da Fundación Camilo José Cela, asumindo un deficit de fondos que grava ao erario público con gastos derivados da mala xestión e utilización privada por parte da Presidenta da Fundación. O traslado dos fondos bibliograficos ao Gaias non ten tampouco xustificación cultural e mesmo é contrario aos desexos postumos de Camilo José Cela.
Despilfarro e mal gasto no mobiliario e obras de acondicionamento da Cultura. Quedou constatado no Parlamento Galego que a compra de sillas e outros elementos de oficina fixose con sobre custo e sen atender a criterios de austeridade. Roberto Varela foi incapaz de controlar as compras efectuadas por persoal da sua confianza e en nengún momento intentou someter a aforro e sentido común as compras de mobiliario e ornamentos para os edificios do Gaias.
O Conselleiro de Cultura, esta a utilizar os concertos do Xacobeo para manter unha rede de VIPs que asisten gratis a todos os eventos por medio de invitacións e mesmo si o concerto é gratis como foi o de Carlos Nuñez no Obradoiro organizase de tal xeito que existan zonas de convidados ás que solo se pode acceder con invitación previa do departamento de Cultura. O sucedido no Obradoiro, con 400 sillas reservadas para convidados foi un acto de prepotencia e elitismo chabacano que xenerou problemas de orden público e unha discriminación a todos os cidadáns que non “gozan” da amistade do señor Roberto Varela para poder acceder a unha invitación. Mesmo o señor conselleiro ten sempre un mazo de entradas no seu peto para “facer amigos”.
O conselleiro de Cultura mantén na desidia e no abandono a promoción cultural de base en Galicia. Sin poñer en valor o importante patrimonio artistico e cultural que na maioria dos casos permanece baixo terra ou pechado para o uso e disfrute dos cidadans. O caso mais cercano xeograficamente ao despacho de Roberto Varela é o castelo da Rocha Forte en Santiago e os petroglifos de Conxo. Patrimonio que permanece abandonado ou con inversións irrisorias que impiden o seu estudo e coñecemento por parte dos cidadans.
Roberto Varela continua adiante coa Fundación da Cidade da Cultura e sen dar a coñecer o coste que supon o seu mantemento e as contratacións de persoal que existen na mesma, con salarios millonarios e sen definir cales son os seus fins e obxectivos e cal vai ser a programación da mesma para o momento da inauguración dos edificios rematados.Roberto varela manten na indefinición e na improvisación o futuro da Cidade da Cultura nun inadmisible quietismo que esta a costa centos de miles de euros aos cidadans galegos.
Por todo elo consideramos oportuna a dimisión dun conselleiro que non exerce como tal e que practica unha concepción elitista, vertical e mercantilista da cultura. Roberto Varela convertiu as instalacións do Gaiás nun panteón dunha cultura morta , afastada da esencia social, popular e participativa que corresponde a unha concepción democrática da creación cultural. Un burato negro por onde tirar millóns de euros de recursos públicos sen que haxa perspectiva de que a continuidade de Roberto Varela vaia cambiar a situación. Polo contrario ratificase o continuísmo da planificación efectuada por Pérez Varela e Fraga Iribarne, asentada por Anxela Bugallo e o bipartito e agora elevada ao seu máximo exponente de prepotencia por Roberto Varela.

Pedimos publicamente a dimisión do Conselleiro de Cultura Roberto Varela. Os cidadáns debemos poder exercer o noso dereito a demandar dos cargos públicos eficacia na xestión e bo facer cos fondos públicos e neste caso é evidente non se cumplen os minimos necesarios para a continuidade no seu posto do señor Roberto Varela.
Compostela,13 de setembro de 2010
POLA PLATAFORMA CIDADÁN CULTURAS I, MAUSOLEO NON