DENUNCIA DO DESPILFARRO DA CIDADE DA CULTURA

A PLATAFORMA CULTURA SI MAUSOLEO NON DENUNCIA A CONTINUIDADE DO DESPILFARRO DA CIDADE DA CULTURA NOS ORZAMENTOS DO 2011.

Nuñez Feijoo debe levar a austeridade e o control dos fondos públicos ás contas da Cidade da Cultura

Pedimoslle a sensibilidade suficiente ao Presidente da Xunta, para que teña en conta nos orzamentos do ano 2011 que cos cartos da Cidade da Cultura, poidera haber hoxe em Galiza tres hospitais mais como o Clinico de Santiago, ou 215 escolas públicas de infantil e primaria ou 30 residencias de maiores como a da Volta do Castro

A Plataforma Cidadán Cultura Si, Mausoleo Non, considera unha irresponsabilidade e unha falta de austeridade que o Presidente da Xunta  presente nos orzamentos do ano 2011 a continuidade da Cidade da Cultura tal e como foi plantexada no seu día no ideado por Manuel Fraga e continuado por Touriño e Quintana. Os orzamentos do 2011 tampouco contemplan medidas para o cambio e reconversión dos usos e destinos da Cidade da Cultura, polo que é ainda mais grave a persistencia dun proxecto xa obsoleto. As necesidades actuais da Cultura en Galicia non pasan por unha concentración das inversións da Consellería de Cultura única e exclusivamente nas obras do Gaiás, centralizando o groso dos orzamentos, nuns edificios carentes de programación cultural inmediata e que deixa a cero os recursos dispoñibles para calquera outra actividade cultural.

As propostas de entregar a xestión dos eventos da Cidade da Cultura  a mans privadas  supon unha falta de compromiso coa xestión pública e o fomento de programacións elitistas e de pago de entradas ao alcance de moi poucos cidadáns (fomentandose o amiguismo das entradas gratis e invitacións a vips). E o único que se pretende é darlle o presunto beneficio que poida sacarse á conta de empresas privadas, mentras os gastos de mantemento,limpeza,vixianza,etc van seguir sendo pagados con fondos publicos. Seria xa escandaloso que despois de costearse as obras con fondos públicos de todos os cidadáns , non podamos acceder aos edificios gratuitamente e vexamos como si o poden facer os amigos e parentes que sempre consiguen invitacións e se poña en mans de empresas privadas a explotación de edificios públicos.

Os orzamentos do 2011 non poden consolidar unha Cidade da Cultura, de espaldas aos intereses dos galegos, e centralizar todas as inversións nuns edificios arquitectónicos que non dan encontrado destino nin contenidos. A Plataforma Cidadán Cultura Si, Mausoleo Non propon que os orzamentos do 2011, eliminen definitivamente a construcción dos dous edificios aínda non iniciados, e pasen a concentrarse nos edificios xa construidos as dependencias da Administración autonómica espalladas por Santiago de Compostela e que teñen un coste de 6 millóns de euros anuais en alugures (destinando esta cantidade e os edificios de San Caetano a funcións de benestar social de atención á terceira idade) e os edificios restantes adecualos para que poidan ser usados con fins sanitarios e educativos.

.
Nuñez Feijoo convirtese en colaborador necesario do malgasto e o despilfarro da Cidade da Cultura, consolidando un proxecto ilusorio e fantasioso que é unha lousa para os orzamentos do ano 2011 e unha inutilidade en tempos de crise que non se pode permitir unha autonomia con inversións baixo minimos, recortes sociais e centos de miles de parados.
Compostela,23 de novembro de 2010