Pola eliminación do Proxecto da Cidade da Cultura e a reconversión das obras e edificacións rematadas en instalacións útiles para a sociedade galega.
Pola depuración de responsabilidades penais ante o cúmulo de irregularidades desde o inicio do proxecto.
Pola anulación dos orzamentos destinados ao Proxecto da Cidade da Cultura e a súa inversión en Sanidade,Educación e Servizos Sociais.
O capricho faraónico de Manuel Fraga Iribarne, coñecido como Cidade da Cultura, ubicado no monte Gaiás de Santiago de Compostela, non pode converterse nun saco sen fondo, para o que destinar centos de millóns de euros que van hipotecar os orzamentos galegos nunha infraestrutura valeira de contidos, inútil culturalmente e representativa dunha arquitectura espectáculo que en Galiza supón un derroche dos fondos públicos. Van xa 373,7 millóns de euros invertidos nun complexo que triplicou o seu custe inicial e que vai continuar a ser unha sangría de cartos de todos os galegos e galegas, destinados a unhas obras innecesarias e que non responden a ningún proxecto cultural fiable e crible.
En Santiago de Compostela, a finais do mes de agosto de 2007, cidadáns do común, galegos e galegas conscientes do derroche inxustificado que supón a Cidade de Cultura constituímos a PLATAFORMA CIDADÁN CULTURA SI, MAUSOLEO NON, que ten como únicos e principais fins os seguintes:
1º. ELIMINACIÓN DO PROXECTO DA CIDADE DA CULTURA. DISOLUCIÓN DA FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA E NON EXECUCIÓN DE MAIS OBRAS E INSTALACIÓNS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO INICIAL APROBADO POLO GOBERNO DO PARTIDO POPULAR NA XUNTA DE GALICIA.
2º. ANULACIÓN DOS ORZAMENTOS DESTINADOS Á CIDADE DA CULTURA E RECONVERSIÓN DE TODAS AS CANTIDADES EN CONCEPTOS DE SANIDADE, EDUCACIÓN E SERVIZOS SOCIAIS.
3º.APROVEITAMENTO DAS OBRAS EXECUTADAS E EDIFICIOS REMATADOS PARA ALBERGAR TODAS AS INSTALACIÓNS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.AFORRÁNDOSE O PAGO DE ALUGUERES E DESTINANDO OS EDIFICIOS EN PROPIEDADE A OUTROS FINS CULTURAIS E SOCIAIS PARA USO E DISFRUTE DE TODA A CIDADANÍA.
4º.DEPURACIÓN DAS RESPONSABILIDADES PENAIS A QUE HOUBERA LUGAR, POR PARTE DAS AUTORIDADES DOS DISTINTOS GOBERNOS DA XUNTA DE GALICIA, POLO QUE DAMOS TRASLADO Á FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN DO INFORME DO CONSELLO DE CONTAS DO ANO 2004, DAS DENUNCIAS APARECIDAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GALEGOS E DAS EFECTUADAS POR ORGANIZACIÓNS SINDICAIS.
5º.RESPONSABILIZAMOS AO GOBERNO BIPARTITO E NOMEADAMENTE Á CONSELLERÍA DE CULTURA DA CONTINUIDADE DUN PROXECTO QUE COMPROMETE O BENESTAR E A CALIDADE DE VIDA CUNHAS INVERSIÓNS QUE DEBERÍAN SER UTILIZADAS EN CREAR BENESTAR E RIQUEZA PARA GALIZA.