A PLATAFORMA CULTURA SI, MAUSOLEO NON FAI UN CHAMAMENTO AO BOICOT CIDADÁN DA INAUGURACIÓN DA CIDADE DA CULTURA. O DESFASE DE 400 MILLÓNS DE EUROS NON É MOTIVO DE CELEBRACIÓN E SOLICITAMOS A NON PARTICIPACIÓN DOS CIDADANS, PERSOEIROS E INTELECTUAIS NA PANT

Pasados once anos desde o inicio do proxecto da Cidade da Cultura e con 400 millóns de euros de sobrecosto desde a Plataforma Cultura Si Mausoleo Non, parecenos fora de lugar e absurdo, o acto de pompa e boato, convocado pola Xunta de Galicia para celebrar unha inauguración duns edificios sen nengun tipo de contidos nen aproveitamento cultural. Vai a cortarse unha cinta para poder acceder a visitar uns edificios valeiros, sen actividade e carentes de proxectos de uso.
Maña hai que deixar solos aos responsabeis desta factura gravosa para os cidadáns galegos. Aos políticos que desde Manuel Fraga a Alberto Nuñez, avalaron o destino de millóns de euros a un burato sen fondo e a unhas obras sen nengun tipo de xustificación nen necesidade.  Ao alcalde de Santiago que exercendo o localismo en proveito propio fai da Cidade da Cultura o seu proxecto para perpetuarse no poder. Aos voceiros do empresariado con animo de lucro que ven nestes edificios a panacea que nos vai salvar da crise e enriquecelos a eles mais que a ninguen. En definitiva ao acto de inauguración que vaian en compañia todos aqueles que se convertiron en complices do mal gasto e o despilfarro das obras do Gaiás.
Desde a Plataforma consideramos que transcurridos 11 anos queda constatado que continuar adiante coa idea de macro contenedor cultural no Gáias e adicar unha cantidade desorbitada de diñeiro público a unhas obras inacabables e de final e contidos incertos, é algo fora de lugar e totalmente inadeucado. É unha evidencia que os usos dos edificios tal como foron ideados no seu inicio xa non é posible nen real polo que inaugurar unhas instalacións co nome de Cidade da Cultura é incongruente e falto de rigor. Pedimos mais sentido común e menos luxo con inauguracións principescas, que poden valer para salir na prensa rosa pero non teñen xustificación desde a cultura e as necesidades dos cidadáns.

A Plataforma Cultura Si, Mausoleo Non continua a defender a disolución do que foi no seu momento o proxecto incial do goberno Fraga, nomeado  como Cidade da Cultura, solcitamos a anulación das partidas orzamentarias que lle dan respaldo e se reconvirtan as instalacións construidas para o destino final de cubrir necesidades básicas dos cidadáns de toda Galiza (sanidade, educación, servizos sociais e benestar social). Asi mesmo propoñemos dedicar os dous edificios que se van a inaugurar a albergar as instalacións da Administración Autonómica en Santiago de Compostela, aforrándose o pago de alugueres (11 millóns de euros ao ano) e destinando os edificios que están no centro da cidade, incluindo os complexos de San Caetano e San Lazaro a fins culturais e de uso social, sanitario e educativo, para uso e disfrute de toda a cidadania